Home › Foros › General de infertilidad › NOMBRES DE BB – ACTUALIZACIONES
- Este debate tiene 51 respuestas, 35 mensajes y ha sido actualizado por última vez el hace 5 años, 11 meses por Leimbach.
-
AutorEntradas
-
7 de noviembre de 2016 a las 14:28 #6563997 de noviembre de 2016 a las 16:29 #656480ilusiónParticipante
pues pongo SONIA, que es mi nombre y una variente de SOFIA, significa sabiduria, el santoral el 18 de septiembre
7 de noviembre de 2016 a las 18:16 #652720sugajaMiembroHola!!
Voy a hacer mis aportaciones.
Judit, hebreo, heroina del pueblo judío, 7 de septiembre
Agurtzane, Vasco 6 de enero, adoración
Aina, mallorquí, català, 26 julio ana llena de grácia
Marc, 23 Abril, dios de la guerra romano, aquel que viene de marte, latín Martus
Pol=Pau=Pablo, aquel de pequeño tamaño, 29 junio
Pirene, en Catalunya lo usan para niñas, nombre de una princesa de una preciosa leyenda, es el equivalente de Pirineos
Aurembiax, también se usa para niña en Catalunya, nombre medieval7 de noviembre de 2016 a las 19:52 #656616TosiMiembroHOLAAAAA JEJEJ AMI ME GUSTARÍA QUE AÑADIESES MI NOMBRE NO ES POR QUE SEA MIO PERO AMI ME GUSTA MUCHO Y SI ALGUIEN SE ANIMA SE LO PODRIA PONER A SU PEQUEÑA .
ESTELANombre Femenino de origen Latín.
Del latín estrella de la mañana. Variante de Estrella.7 de noviembre de 2016 a las 20:54 #656658esvidaParticipantepos bueno yo tb kiero colaborar
Auxkin_ nombre vasco – de navarra- siglo XII (masc)
Asier- nombre vasco- dicese del hijo de Aitor primer hombre vasco (masc)
Ihathu- nombre vasco-navarro dicese del verdader nombre de san francisco javier- 3 de diciembre (masc)
Arkaitz- vasco -roca (masc)
lierni- virgen de lierni (para la superar la esterilidad)- gipuzkoa-vasco-9 de septiembre (fem)
liher variante masculina de lierni
uxune nombre vasco procedente de la virgen de ujue (uxue) navarra
urrategi vasco virgen de azkoitia
olatz vasco virgen de azpeitia
bueno otra vez mas26 de noviembre de 2016 a las 12:09 #669355melusinaMiembrolo acabo de ver.
Lo subo para mantenerlo.28 de noviembre de 2016 a las 10:54 #671266melusinaMiembrouppppp
18 de febrero de 2017 a las 14:26 #728683pizca31Miembroarriba..¿alguien quiere mantener esta lista???monbaby desaparecio…yo es que ya llevo las de betamilagroesperantes :happy: :happy:
18 de febrero de 2017 a las 16:59 #728852LeniMiembroA continuación os pongo nombres de niñas en gallego. He intentado no incluir los que se escribien igual en castellano, pero a lo mejor se me pasa alguno.
Después colgaré los nombre de niños.
(La explicación está en gallego porque la información la he sacado de una página web en gallego. Si alguna tiene alguna duda sobre el significado de algún nombre se lo puedo aclarar).
BICOS
A
Agarimo , Derivado do latín aggremiare, ‘coller no colo’.
Aldara Antigo nome galego de orixe xermánica, ‘guerreiro’.
Alexandra/Xandra , Do grego Aléksandros, composto do verbo alekso, ‘protexer’ e o substantivo andros, ‘home’, é dicir, ‘defensora dos homes’, a través do latín Aléxander, Alexandri.
Aloia, Monte do mesmo nome en Tui.
Anadía, Do topónimo portugués Anadía, de aqua nativa, ‘auga orixinal’.
Animia, Antigo nome galego procedente do latín animius, derivado de anima, ‘vida, alma’’.
Antela, Probablemente diminutivo de anta, ‘dolmen’ ou ‘pedrafita’ e, pola súa vez, do latín antae, -arum, ‘pilastra, esteo’.
Antía, Do grego Anthía, ‘florida’, ‘extraída das flores’. Referíase ao primeiro panal de mel que fabricaban as abellas, tamén chamado en galego entena. Nome de escravas orientais liberadas e mesmo de mulleres libres.
Aragonta, Nome xermánico composto por ara-, ‘aguia’, e guntia, derivado de gunti, ‘loita’. De Aragontia, derivado deste nome, procede o topónimo Aragonza (Pontevedra).
Auria, Do latín Aurea, feminino de aureus, ‘áureo, de ouro’; era un título de Venus pola riqueza dos seus templos. Pode aludir á cor do cabelo. O nome máis antigo de Ourense que, quizais, perdura en Oira.
Auta, Probablemente proveña do latín aucta, ‘aumentada (en graza, en virtudes)’.
B
Barca , Esta palabra, que se empeza a rexistrar no latín serodio, axiña se difundiu a outras linguas. Posiblemente significase ‘caixón, artesa’ e dela
deriva a palabra ‘barco’.Branca, Nome cristián feminino equivalente a Alba e Neves. Vén do xermánico blank, ‘branco, claro, brillante’, que veu substituír practicamente o albus latino como adxectivo na lingua común.
Bríxida, Nome de orixe céltica (Brigit no antigo irlandés); trátase dun nome persoal pagán, probablemente relacionado co da deusa Brigantia, ‘a alta, a excelsa’.
Brunilde, Do xermánico brunnia, ‘coiraza’, e hild, ‘combate, batalla’; debe significar ‘a que loita con coiraza’.
C
Caetana, Do latín Caietanus, xentilicio que designa ‘habitante de Caieta’, hoxe Gaeta (Italia), que se volveu despois apelido latino, ‘da familia de Caio’.
Camiño, Nome céltico chegado a nós a través do latín camminus, ‘camiño’, que entrou a competir coas palabras latinas via, ‘estrada’, e iter, ‘viaxe’.
Carme, Procede dun topónimo, o dun monte situado entre a fronteira de Galilea e Samaría. Este monte é o Carmelus en latín e Kármelus en grego. Significa ‘xardín’, pola abundancia de flores que medraban nas súas abas.
Catuxa, Este nome que, ata hai pouco era forma familiar de Catarina, adquiriu recentemente a condición de nome formal. Procede do grego katharós, ‘puro’.
Celta/Celtia, Posiblemente este era o nome do pobo que os romanos coñecían como Galli, ‘os galos’. Os gregos chamábanlles Keltai ou Keltoi ‘os celtas’, cando falaban deles en plural.
Comba, Antigo nome galego procedente do latín columba, ‘pomba’, animal sagrado de Venus. Esta ave é o símbolo da paz no Antigo Testamento e do Espírito Santo no Novo.Compostela, O topónimo Compostela, segundo o Códice Calixtino (século XII) foi nome propio de muller e querería dicir ‘feitiña, ben composta’.
D
Dores, Deriva do latín Dolores, plural de dolor, e, este, de doleo, ‘sufrir ’.
Dubra, Nome céltico que antes era topónimo e que agora é xa nome de muller. O nome deste afluente do río Tambre significa ‘augas’.
E
Edite, Do inglés Edith e, este, do anglosaxón Eadgydh, que significa ‘que combate pola riqueza’.
Estela, Nome cristián procedente dunha advocación da Virxe María nas ladaíñas: Stella matutina, ‘estrela da mañá’, aínda que é posible que teña raíces máis antigas, se pensamos en nomes coma Stellus e Stella, e que, inicialmente, entre cristiáns foi un nome místico que alude á estrela que guiou os magos a Belén.
Ester, Nome bíblico. Considérase de orixe persa, relacionado con (i)stareh, ‘estrela’, con raíz nunha antiga palabra indoeuropea ter-, que aínda vive en moitas linguas.
Estrela, Do latín stellula, diminutivo de stella, ‘estrela’.
F
Faia, Nome de árbore que recentemente se fixo nome de muller.
Fara, Nome de orixe discutida. Fálase do xermánico e tamén do árabe faraj, faraján, ‘alegre’. E, finalmente, do hebreo, latinizado en Phara, co significado de ‘frutífera’.
Flor/Flora/Frol, Do latín flos, floris, co mesmo significado ca hoxe. O uso deste antropónimo feminino pode responder a un sentido relixioso: María é a flor que, sen murchar, frutificou.
G
Graza/Gracia, Do latín gratia, tomada do grego charis, e, este, do hebreo hen, ‘favor’, ‘creto’. Hai investigadores que lle dan unha orixe moi antiga: do sánscrito Gurta, ‘benvida, agradable’.
Groria/Gloria, Do latín gloria, ‘gloria’, ‘reputación, creto, sona’.
H
Helena, Do nome latino Helena ou Helene, tomado do grego Helene. A súa etimoloxía é dubidosa, é posible que proceda da unión das palabras gregas helane, ‘facho’, ‘tea’ e hele, heile, ‘fulgor ou calor do sol’, ‘luz brillante’.
Hilda/Ilda/Elda, Nome xermánico formado co elemento hiltja ou hildi, que significa ‘batalla’, ‘guerra’. Pasou ao antigo inglés como Hild.
I
Icía/Cecía/Cilla, Do adxectivo latino caecus, ‘cego’. E, dada a acentuación primitiva na primeira sílaba (Caécilius), relaciónase tamén con algúns nomes propios etruscos, como Caécina.
Inés/Einés, Do nome grego (H)agné, co significado de ‘pura’, ‘casta’.
Iolanda, De etimoloxía incerta, suponse que deriva do nome do franco-provenzal antigo Yolant, Yolans e Yolande. Para outros, a orixe é xermánica, quizais composto de -lind ou -linta, ‘escudo’. Atribúeselle o significado de ‘cor da violeta’.
Irea/Irena/Iría/Erea, Deriva do nome grego Eirene, ‘paz’, ‘deusa da paz’, latinizado como Irene. Os cristiáns reinterpretárono como ‘paz cristiá’.
Iria, Probablemente, do topónimo Iria Flavia.
Irimia, Nome tomado dun topónimo, o Pedregal de Irimia (Meira, Lugo), e de etimoloxía incerta. É un antigo glaciar que dará orixe ás primeiras augas do río Miño.
L
Lea/Lía, Do hebreo Le’ah (adaptado ao grego como Leia e ao latín como Lía). Pola tradición popular significaba ‘fatigada, cansa’, pero na actualidade pénsase que o seu significado era ‘vaca’, en alusión aos rabaños do pai da Lea bíblica.
Ledicia, Deriva do nome latino Laetitia ‘ledicia’, ‘alegría’, ‘felicidade’. Nome augural romano, tomado de Laetitia, deusa da fertilidade e da abundancia.
Lianora/Leonor, De orixe discutida, pode proceder do árabe, ‘deus é a miña luz’; do provenzal, Alienor (posiblemente en relación co gótico alan, ‘medrar’) ou ben do gálico, Leonorius, posible aglutinación de León e Honorio.
Liberdade, Da palabra latina libertatem, de transparente significado. Nome ideolóxico recente, de carácter democrático ou libertario, para lle render culto á idea que encerra a palabra.
Lédea/Lidia, Do nome grego Lydia, ‘muller oriúnda da Lidia, rexión de Asia Menor’, xa existente entre gregos e romanos.
Loaira, Palabra común do Courel que significa ‘racha de sol que pasa rapidamente’ e que, recentemente, se converteu en antropónimo.
Lupa, Do apelido latino lupus, ‘lobo’.
Lúa, Nome afectivo e augural dado a unha meniña codesexo de que sexa tan luminosa, bela ou influente coma a lúa (do latín luna)
M
Madanela/Madalena, Do grego neotestamentario Magdalené, que pasou ao latín eclesiástico como Magdalena, sobrenome étnico que significa ‘nativa ou proveniente de Magdala’, aldea hebrea do sur do lago de Galilea.
Maior, Nome que pode proceder dunha advocación da Virxe: a da basílica de Santa María a Maior, de Roma.
Margarida, Tomado do nome común latino margarita, ‘perla’.
Maruxa/María, Do nome persoal hebreo Maryam, pero a orixe do nome non está en Israel, senón no Exipto dos Faraóns (mrj(t), ‘amada’).
Matilde/Matilda, Do xermánico Mahthildis, composto de maht, ‘forza’, e hiltia, ‘combate’. O seu significado é dubidoso: ‘forza e combate’ ou ‘a que combate con forza’.
Maxina, Hai dúas hipóteses: do nome latino Maginus, que podería significar ‘pertencente a Magus’ (é dicir, ‘maga, meiga, feiticeira’); ou ben, pode tratarse dunha deformación de Maximus.
Mencía, Hoxe por hoxe é unha incógnita este eufónico nome galego. Tipo de uva coa que se elabora o viño denominación de orixe “Ribeira Sacra”(Lugo)
Milagres, Advocación da Virxe (Nosa Señora dos Milagres). A palabra ‘milagre’ vén do latín miraculu, ‘prodixio, portento, marabilla’. Tamén pode significar ‘lugar alto, posto de vixía’.
Minia, De orixe incerta, quizais etrusca. Tamén evoca o nome latino do río Miño (Minius) que, máis dunha vez, se relacionou co minium, ‘cinabrio’, ‘minio’, ‘óxido de ferro ou de chumbo, mercurio ou arsénico’.
N
Nataxa, Variante de Natalia, adaptación do ruso Nataxa. Nesta forma puido confluír a natural evolución do nome Anastasia. En Galicia, tivo outra evolución paralela: do nome familiar Tasia.
Navia, Procede dun topónimo. A súa orixe parece levarnos a unha raíz nav-, ‘embarcación, nave’ e pode aludir a paisaxes en forma de nave (nava).
Neves, Plural do nome común neve, do latín nix, nivis.
Noela, Topónimo que algúns investigadores aseguran que corresponde ao nome medieval da actual vila de Noia.
O
Olivia/Oliva, Posiblemente do latín Oliva, ‘oliva’, usado como nome persoal. A póla da oliveira é o símbolo da paz na Biblia e, da sabedoría e da gloria, en Grecia.
P
Pomba, Do latín palumba, ‘pomba’. Esta ave é o símbolo da paz no Antigo Testamento e do Espírito Santo no Novo.
Portal, Derivado do latín porta. É o nome dunha advocación mariana do convento de Belvís (Santiago de Compostela).
Q
Quiteria. Do latín eclesiástico Quiteria, talvez latinización dun nome celtíbero, ou de Kyteria, Kythereia en grego, epíteto de Venus Afrodita.
R
Reis, Do latín reges, ‘reis’.
Rexina, Do latín regina, ‘raíña’, feminino de rex, da raíz indoeuropea reg-, ‘rexer, dirixir ’.
Rute, Do hebreo Ruth, interpretado como ‘beleza’ ou ben procedente de Re’ut, ‘amizade’.
S
Sabela, Procedente do nome hebraico Elixeba, muller de Arón e cuñada de Moisés, composto de El, ‘Deus’, e xeba, que para uns significa ‘xuramento’ e para outros ‘sete’. Podería significar ‘Deus é xuramento’ ou ‘Deus é perfección’.
Saleta, Nome derivado dunha advocación mariana, como homenaxe á virxe aparecida en Salette (Francia). Salette é diminutivo de Salle, ‘sala’, correspondente ao topónimo galego de orixe xermánica Sa ou Saa.
Sarela, Forma diminutiva de Sar, que deriva do céltico ou precéltico sar, ‘corrente de auga’.Soidade, Do latín solitatem, ‘soidade’, derivado de solus, ‘só, único, solitario’.
Suevia, Do latín Suevia, a patria dos suevos, xermanos que invadiron a península e que se estableceron en Galicia, onde reinaron por cerca dun século.
TTámara, Nome que evoca Tamaris, forma latina do actual río Tambre. É de orixe prerromana escura, quizais celta.
Tamara, Vello nome da Europa oriental relacionado co hebreo thamar, ‘palmeira’.
Tania, Nome familiar ruso de Tatiana (véxase).
Tareixa, Nome hispano frecuente na Idade Media que tiña como forma primitiva Tarasia, de orixe escura, que evoca os xentilicios gregos Tarasía/Tarasios. Non obstante, non é seguro que o grego sexa a súa raíz última. As formas galegas están documentadas desde moi antigo.
Tegra/Tecla, Do latín eclesiástico Thecla, do grego Thekkl, ‘que ten fama por causa dos deuses’.
Trindade, Nome místico que evoca o dogma cristián das tres ‘persoas’ ou aspectos divinos reunidos nunha única esencia, como un trevo. Procede do latín eclesiástico trinitatem, ‘reunión de tres’.
U
Ulla, Nome de muller de recente introdución como nome de persoa. É un nome de río que adquire tamén o valor de antropónimo.
Uxía, Deriva do grego Eughéneia, poeticamente eughenía, ‘nobreza de nacemento’.
V
Vitoria, Do nome persoal latino Victorius, relacionado popularmente con Vítor, pero procedente dun nome persoal máis antigo, Vitorius, Vitutius, de orixe etrusca. A forma feminina é unha advocación da Virxe María.
Virxinia, Do latín Virginius, antes Verginius, quizais derivación de virgo, virxe; nome dunha gens romana plebea, posiblemente de orixe non latina.
Viviana, Por etimoloxía popular, o nome Vivianus foi relacionado co verbo latino vivere e interpretado como nome augural cristián.
X
Xema, Do latín gemma, ‘gromo, xerme da videira e doutras plantas’ e ‘pedra preciosa’ que, xa no propio latín tardío, se usaba como sobrenome, co valor afectivo de ‘que sexa fermosa, preciosa coma unha xema’.
Xenevra, Do francés Genièvre, da forma anglonormanda Guennièvre e, pola súa vez, do galés Gwenhwyvar, ‘espírito, elfo luminoso’ ou ‘que brilla no medio dos elfos’.
Xiana, Da forma feminina do latín Iulianus procede o topónimo cántabro Santillana. Algúns topónimos galegos (Xián, Xiá) teñen orixe nun nome xermánico, presente no Medievo galego, nas formas Egila, Egilanus, Egeo, e que significaba ‘puñal’.
Ximena, De orixe escura, pénsase que puido ser unha variante medieval de Simeón. En Galicia, tivo bastante difusión na Idade Media, sobre todo o feminino, coas formas Xemena, Exemena, Scemena, entre outras.
Xisela, A través do francés Gisèle, vén do xermánico, talvez con base en gisl, ‘frecha’. Tamén podería derivar de gisl, ‘arras’.
Xoana, Procede do hebreo Yohanan ou Yehonan, composto por Yoh ,’deus’, e hanan, ‘misericordia’: ‘Deus é misericordioso’.
Xudite/Xudit, Do hebreo Yehudit, ‘xudía, hebrea’, adaptado ao grego e ao latín como Judith ou Iudith.
Xulieta, Do italiano Giuletta, diminutivo de Giulia (Xulia), popularizado grazas á traxedia Romeo e Xulieta.
Xulia, Do latín Iulius, ‘orixinario da gens Iulia’, á que pertenceron, entre outros, César e Augusto.
Xunqueira, Do nome común xunqueira, ‘terreo pantanoso no que predominan os xuncos, da familia da xuncáceas’.
18 de febrero de 2017 a las 17:02 #728854helowParticipantePedro, significa “piedra” Jesucristo le llamó así a un discípulo diciendo: -Tú serás la piedra de mi iglesia- y por ello fue el primer papa de la historia (San Pedro), se celebra el 29 de junio.
18 de febrero de 2017 a las 18:56 #728953pizca31Miembroupppppppppppppppppppppppppppppppppppppppppppp
18 de febrero de 2017 a las 20:34 #729064lu100Miembroque bien has vuelto a subir la lista
18 de febrero de 2017 a las 20:35 #729066luis miguelMiembroque guay esta lista!!! Pero no veo Iris, así se llama mi sobrina, del griego, significa la de hermosos colores
Gracias por hacer esta lista
19 de febrero de 2017 a las 23:02 #730197luis miguelMiembroAnda pues si q andaba yo despistada!!! Disculpa
20 de febrero de 2017 a las 00:15 #730220AnónimoInvitadoQue bonitos.
-
AutorEntradas
- Debes estar registrado para responder a este debate.